Filtros de búsqueda actuales
IES O Mosteirón (Sada) - 3º de ESO
Era unha vez… (creando un poema colectivo)
El espíritu de la colmena - Comentarios, reflexiones, creaciones escritas
Propuxemos na aula un xogo colectivo, con base nas impresións causadas pola película.
As fases son as seguintes:
· O grupo “lanza” , como nun remuíño espontáneo de ideas, frases encabezadas polo sintagma “Era unha vez…” ( recollendo a fórmula tamén usada ao inicio da película) . Trátase de construír unha especie de “fotogramas verbais” que recollan momentos, sensacións ou simplemente recordos tras o visionado . Un dos alumnos recolle no encerado as expresión que se van dicindo en voz alta.
· 2º Entre tod@s seleccionan os que consideran máis significativos para unilos configurando unha “secuencia” que poida evocar a película.
· 3º Nunha última fase , transfórmase algunha expresión ( enriquecéndoa con algún recurso poético) , e decídense os signos de puntuación que serán empregados no texto.
O resultado foi o seguinte:
Era unha vez…
un espírito nun pozo,
unha familia que falaba coas miradas,
un cine –tanatorio,
unha película dentro dunha película,
un fuxido que comeu unha mazá
e a morte, que chegou á mente dunha nena.
Era unha vez Ana e un republicano,
era unha vez un reloxo delator,
unhas cartas nunca recibidas,
a morte finxida,
unha pérdida,
un pé nunha pegada,
e a vida nunha colmea.
Era unha vez un apicultor misántropo,
era unha vez unha nena… pero xa non.
Era unha vez…