Atrás

Novos Cinemas (Pontevedra) -

Proxección de 'En construcción' en Pontevedra

En construcción - Proyecciones

Os alumnos dos centros educativos IES Poio (Poio, Pontevedra) e IES Cacheiras (Teo, A Coruña), de 1º de Bachillerato y 4º de ESO, asistiron no Teatro Principal de Pontevedra á segunda sesión de CinEd. A película escollida nesta ocasión foi En construcción (José Luis Guerin, 2001), documental que explora o paso do tempo mediante un homenaxe aos personaxes e lugares máis comúns a través da construcción dun bloque de vivendas no emblemático barrio do Raval barcelonés.

Trala proxección xurdiron varios temas intersantes na conversa posterior. O tema maioritario versou sobre os difusos límites do filme entre "documental" e "ficción". O uso da montaxe, o que sucede fóra de cámara, a luz, os diálogos, -¿guionizados ou naturais?-, o uso do son, ou mesmo a simboloxía usada para denotar o paso dun tempo que se acaba animaron o debate.

A conversa tamén xirou sobre a escenografía da película e cómo lograr naturalidade nesas condicións, ademais das dificultades dun rodaxe en medio do barrio e a súa xente, e de cómo algúns "erros" (xente que mira a cámara, ruidos...) foron incorporados ao film con plena consciencia do autor.

Algúns comentarios dos alumnos foron:

“Moitas veces non apetece ver este tipo de cinema, pero cando pasa un tempo e volves a pensar sobre a película, daste conta de que ten bastante mais fondo das películas que estás afeito a ver”.

“Non parece una película, parece a vida mesma”,

"Enseguida noutras películas notas que inda que se sitúen nun escenario natural todo é programado, ríxido. Aquí non pasa, é todo moito máis auténtico."

“Parece todo moi caótico, pero ao final todo encaixa e cobra sentido”

Películas

José Luis Guerin
En construcción 2001

Secuencias

Blog: Novos Cinemas (Pontevedra) - (4)