Volver a la búsqueda actual

Filtros de búsqueda actuales

CGAI (A Coruña) -

Proxección de 'Il posto' en A Fonsagrada

Il Posto - Proyecciones

Onte os alumnos de 3º de ESO, 4º de ESO e o grupo de Humanidades de 1º de Bacharelato do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo) visionaron en pantalla grande no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de A Fonsagrada a última película proposta neste curso 2017-2018: a segunda película filmada polo cineasta italiano Ermanno Olmi, Il posto.

Despois da proxección xurdiu un diálogo moi interesante ao redor do filme. Moitos sentíronse identificados coas emocións que vive Domenico ao longo da película. Case todos viviron situacións similares ou saben que algún día as pasarán. O paso á vida adulta.

Analizamos tamén como está retratado o mundo laboral, os espazos amplios dos salóns, as oficinas, os longos corredores, as xerarquías e os sons mecánicos e repetitivos que evocan un futuro rutinario e aburrido.

Chamou especial atención a aparente simplicidade da historia: desprazamentos, un café, unha entrevista de traballo, un paseo... Sen embargo, Olmi crea emocións intensas e universais a través dos rostros e miradas dos protagonistas, cun uso exquisito da luz, dos sons e da montaxe; ao mesmo tempo que retrata un lugar e unha época concreta.

Apoiámonos en varias das inspiradoras e belas reflexións de Olmi que axudáranos a entender mellor a dimensión da película.

"A cultura é a consecuencia da vida, non ao revés".

"O cinema es unha forma de relacionarse co mundo. Podes utilizar o cinema para convertir a realidade nun conto o ben para convivir coa realidade. É un diálogo continuo".

"É unha mirada".

Películas

Ermanno Olmi
Il posto El empleo 1961

Secuencias

Blog: CGAI (A Coruña) - (13)