Voltar

IES O Mosteirón (Sada) - 3º de ESO

Era unha vez… (creando un poema colectivo)

El espíritu de la colmena - Comentarios, reflexións, creacións escritas

Propuxemos na aula un xogo colectivo, con base nas impresións causadas pola película.

As fases son as seguintes:

·      O grupo “lanza”  , como nun remuíño espontáneo de ideas, frases encabezadas polo sintagma “Era unha vez…” ( recollendo a fórmula tamén usada ao inicio da película) . Trátase de construír unha especie de “fotogramas verbais” que recollan momentos, sensacións ou simplemente recordos tras o visionado . Un dos alumnos recolle no encerado as expresión que se van dicindo en voz alta.

·      2º Entre tod@s seleccionan os que consideran máis significativos para unilos configurando  unha “secuencia”  que poida evocar a película.

·      3º Nunha última fase , transfórmase algunha expresión ( enriquecéndoa con algún recurso poético) ,  e decídense os signos de puntuación que serán empregados no texto.

O resultado foi o seguinte:

Era unha vez…

un espírito nun pozo,

unha familia que falaba coas miradas,

un cine –tanatorio,

unha película dentro dunha película,

 un fuxido que comeu unha mazá

e  a morte, que chegou á mente dunha nena.

Era unha vez Ana e un republicano,

era unha vez un reloxo delator,

unhas cartas nunca recibidas,

a morte finxida,

unha pérdida,

un pé nunha pegada,

e a vida nunha colmea.

Era unha vez un apicultor misántropo,

era unha vez unha nena… pero xa non.

Era unha vez…

Películas

Víctor Erice
El espíritu de la colmena 1973

Secuencias

Blogue: IES O Mosteirón (Sada) - 3º de ESO (7)