Voltar

IES O Mosteirón (Sada) - 3º de ESO

Impresións sobre 'El espíritu de la colmena'

El espíritu de la colmena - Comentarios, reflexións, creacións escritas

Estas son algunhas das reflexións que tivemos os alumnos do IES Mosteirón tras o pase de El espíritu de la colmena no CGAI:

"A película estivo moi ben. Chamoume a atención o uso de recursos, como o uso das miradas substituíndo os diálogos, que eu nunca vira antes noutras películas e nos que nunca me fixara". Iago González

"Eu non entendía moi ben a película ao principio pero gustábame esa sensación de non entender porque me agradaba o ambiente creado e a actuación das dúas nenas . Desconcertoume un pouco, porque era unha peli moi diferente das que eu acostumo ver. Despois o coloquio resultoume moi interesante". Candela Negreira

"Víctor Erice compara a situación de Ana coa que España estaba a vivir na posguerra, comparou a tristeza e o schock da protagonista co sufrimento e a tristeza que estaba a sufrir o país . Parecéronnme moi interesantes os aspectos técnicos. Eu nunca vira ningunha película na que o silencio tivese un papel tan importante". Irene Luaces

"Fascinoume a comunicación que se establece na película por medio das miradas e dos xestos. Unha comunicación física que substitúe á verbal. Apetéceme volver a vela porque así poderei fixarme nalgúns aspectos sobre os que falamos despois, no coloquio. Pareceume unha película xenial, pola forma de transmitirnos as emocións e os sentimentos. Gústame especialmente o xeito de mostrar a relación entre as dúas irmás, Ana e Isabel, e a maneira en que se emprega a luz na película".  Keaton Adair

"Eu creo que é unha película que fai pensar moito. Por exemplo cando as nenas están na escola e Ana ten que poñerlle os ollos a un moneco. Eu creo que a escena ten un dobre sentido . Penso que nos mostra que as persoas nese tempo estaban vivindo nunha mentira, que precisaban abrir os ollos e mirar, como o moneco don José que non podía ver, porque estaba sen ollos. Tamén me impresiona como se expresa a tristeza mediante o silencio, coas miradas, cos movementos..." Karla Calvo

"Paréceme incrible como se fixo esta película, como se consegue traballar con nenas tan pequenas. A película consegue meternos noutro tempo distinto ao que vivimos. A min a película,con ese desenvolvemento lento ,non me gustou moito, a verdade. Con todo recoñezo que está moi ben feita, que fai moitas referencias a unha época moi dura e que está moi meditado toda a súa técnica." David Illanes

"Gustáronme os planos que se usaron na rodaxe,a iluminación, os silencios..." Ivan Falce

"A película ten un 'aquel' que a fai especial. É fascinante que o director poida facernos pensar con tan pouco argumento. É unha peli lírica, como se dixo no coloquio cando acabamos de vela. " Adrián González

Películas

Víctor Erice
El espíritu de la colmena 1973

Secuencias

Blogue: IES O Mosteirón (Sada) - 3º de ESO (7)