Voltar

CinEd

Programación no CGAI e Novos Cinemas

El espíritu de la colmena - En construcción - Il posto - Pierrot le fou - Proxeccións

O próximo 12 de xaneiro empeza unha programación de filmes da colección CinEd en Galicia, organizada polo CGAI – Centro Galego de Artes da Imaxe en colaboración co festival Novos Cinemas - Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.

Entre xaneiro e maio os alumnos participantes verán nas salas do CGAI (A Coruña) e no Teatro Principal de Pontevedra as películas Pierrot le fou de Jean-Luc Godard, El espíritu de la colmena de Víctor Erice, En construcción de José Luis Guerin e Il posto de Ermanno Olmi.

O programa desenvólvese no marco do Plan Proxecta e participan sete institutos: IES Francisco Aguiar (Betanzos, A Coruña), IES Catabois (Ferrol), IES Cacheiras (Teo, A Coruña), IES Poio (Poio, Pontevedra), IES Ricardo Carballo Calero (Ferrol), IES Rafaél López Diestre (A Coruña) e IES O Mosteirón (Sada, A Coruña).

Pronto poderemos descubrir os seus comentarios e reflexións no blogue!

Blogue: CinEd (26)