Proxección de 'Pierrot le fou' en Pontevedra
Pierrot le fou (Jean-Luc Godard, 1965) foi a película escollida para iniciar o ciclo de proxeccións de CinEd no Teatro Principal de Pontevedra. Os espectadores dos centros educativos IES Poio (Poio, Pontevedra) e IES Cacheiras (Teo, A Coruña) que cursan 1º de bacharelato e 4º da ESO, gozaron desta obra vangardista representante da Nouvelle Vague.
A cinta provocou asombro entre os estudantes que enfrontáronse a un filme que prescinde da narrativa tradicional para construír o seu relato a golpe de elementos crebados. O diferente da proposta animou no coloquio posterior, onde os asistentes debateron sobre os numerosos niveis de lectura que ofrece a película.
Algunhas das frases dos alumnos foron:
- 'É rompedora a maneira en que os actores traspasan a barreira co espectador para xogar con el'
- 'Chama a atención os xestos excesivos, case cómicos da actuación'
- 'O final tiña que ser abrupto, senón parece que o xogo podería continuar eternamente'
- 'Custa ser consciente de todo o visto, mestura unha cantidade incrible de cousas'
Sesión organizada por Novos Cinemas e CGAI.