Back to current search

IES Ricardo Carballo Calero (Ferrol) - 1º de Bachillerato, 2º de Bachillerato

Referencias literarias en 'Pierrot le fou'

Pierrot le fou - Comentarios, reflexións, creacións escritas

Os alumnos de 1º de BAC na clase de Cinema e Literatura traballamos sobre as referencias literarias en Pierrot le fou. Este é o traballo da nosa compañeira Celia Méndez.

GodardGodard é un cineasta vangardista e experimental que se rebela contra as regras da narración cinematográfica mesturando a ficción coa realidade, os xéneros (road movie, de robisóns, cine negro, musical...), descompoñendo o relato á maneira dos pintores cubistas (montaxe atípico, xogo coas pistas de son, rupturas do ritmo, collages verbais, movementos de cámara complexos, miradas ao espectador...) e facendo abundantes diálogos intertextuais con obras pictóricas literarias. 

Neste traballo imos fixarnos no último aspecto e trataremos as referencias e alusións que atopamos en “Pierrot le fou” á literatura, aos seus autores e máis os textos da arte da rúa como graffitis e letreiros de neon. 

1. No tráiler o protagonista le un fragmento do poema de Jacques Prévert “Lanterne magique de Picasso”. Quen foi este escritor? 

Jacques Prévert (1900 – 1977) foi un poeta, autor teatral e guionista cinematógrafo francés. Participou no movemento vangardista surrealista e estivo fortemente vinculado ao Partido Comunista Francés, ao trotskismo e anarquismo. As características xerais que emprega como autor son a seguintes: retoricismo de dicción, abundantes neoloxismos, os xogos dos dobres sentidos, elementos burlescos e satíricos, xogos de sons, etc. 

2. Ferdinand identifica a sociedade decadente da monarquía española do XVII que pinta Velázquez coa sociedade que o rodea. Menciónase despois a Biroteau, o protagonista da novela de Balzac “César Biroteau”. Di quen foi Balzac e de que trata a novela. 

Honoré de Balzac (1799 – 1850) foi un coñecido novelista francés pertencente ao período realista (s. XIX). Balzac é considerado como un dos fundadores da novela moderna polo súa minuciosidade e descrición. As súas obras máis coñecidas son: “A comedia humana” e “As ilusións perdidas”. A novela “César Biroteau” trata da decadencia dun perfumista que desexa facerse un oco na alta sociedade francesa tendo gran fortuna grazas a especulación inmobiliaria e sen sospeitar que todo é unha vinganza dun antigo empregado seu sen escrúpulos. 

3. Despois cita o poema “A tristeza de Olimpio” de Vitor Hugo. Busca información sobre o escritor. 

Vitor Marie Hugo (1802 – 1885) foi un poeta, dramaturgo e novelista pertencente ao período romántico. Tamén é coñecido como un gran político e intelectual. Escribiu de todo los xéneros e ámbitos (lírica, épica, ensaios, etc). Algunhas das súas obras máis destacadas son: “A Nosa Señora de París”, “Os miserables” e “Odas e baladas”. Vitor Hugo converteuse nunha personaxe emblemática e revolucionaria; a Terceira República Francesa rendeulle homenaxe xunto con todo os pais, pois este artista era moi ben querido. 

4. Entre os convidados á festa onde os personaxes teñen conversacións sen interese, das que suxiren os anuncios publicitarios, está o director de cine Samuel Fuller quen pensa facer unha adaptación da obra “As flores do mal”. Pescuda quen é o seu autor e escribe os datos principais sobre el e a súa visión do mundo. 

“As flores do mal” é unha colección de poemas cuxo autor é Charles Pierre Baudelaire (1821 – 1867). Este foi un poeta notable, ensaísta, crítico e tradutor. Foi considerado un dos “Poetas malditos franceses” do século XIX debido a súa vida bohemia, libertina, encamiñada a o exceso, o pesimismo e a visión do mal impregnados na obra “As flores do mal” e “Paraísos artificiais”. Foi asociado con simbolismo e parnasianismo. Un dos seus grandes referentes foi Edgar Allan Poe e Joseph de Maistre de quenes influenciou a súa maneira peculiar de ver a vida. 

5. Busca información sobre Marcel Proust e a súa obra “Á busca do tempo perdido”. En que se parece o seu protagonista ao da película? 

Marcel Proust (1871 – 1922) foi un coñecido novelista, ensaísta e crítico francés cuxa obra mestra é considerada un dos cumios da literatura do século XX. “Á busca do tempo perdido” consta de sete partes nacidas da memoria do narrador: recordos e vínculos. A historia trata dun mozo, Marcel, burgués paríseno cuxa principal meta na vida é ser escritor pero continuamente tentado pola poderosa aristocracia e os agradables lugares para pasar o verán. Marcel descobre o amor con Odette de Creay e o mundo no seu conxunto (enfermidades, guerras, penurias, etc). Seméllase co desexo de Ferdinand de dedicarse as letras a pesar de estar tentado coas aventuras caóticas de Marianne tras abandonar a súa vida de casado farto do diñeiro e a hipocrisía. 

6. Pierrot era o sobrenome dun gánster da Gestapo perseguido pola policía nos anos 40 en Francia. O protagonista ten unha dobre personalidade: Ferdinand e Pierrot. Pescuda como era este personaxe da "Comedia dell art" nos séculos XVII e XVIII. 

Pierrot era unha personaxe da Comedia italiana do século XVII e máscara secundaria da Comedia dell art. Era un criado e servo con dotes para a danza, música e facilidade para a recitación dos poemas. Recordado por ser o pallaso branco, enfariñado e con gran intelixencia. 

A súa sinxela vestimenta consta dunha ropaxe ancha e brillante a xogo coa súa gargera. Debura e o carac terizou como unha triste vítima do amor non correspondido, namorado eternamente da lúa a cal louvávaa.

7. Aparecen despois na película varias persoas reais ás que a parella pensa contarlles unha historia escollida entre as que seguen. Que teñen en común e de que xeito anuncian o final da película?

O pesimismo e a traxedia destas historias atópase na película e anuncian a morte dos personaxes principais. 

A historia de Nicolás de Staël. Foi un pintor abstracto francés de orixe rusa. A súa depresión levouno polo sur do estado francés onde continuaba a sufrir e para finar coa súa dor rematou por suicidarse tirándose dende a 11º planta do seu estudo. 

A historia de William Wilson. É unha historia de Allan Poe. William coñece a outro mozo co seu nome, decide imitalo na vestimenta, na forma de falar, de camiñar, etc. Mediante enganos gaña cartos dunha muller casada e vólvese depravado, mata ao seu dobre pero descobre que estaba dentro del e suicidase. 

O cantar de Guillermo. É un ciclo épico do século XII baseado no primo de Carlomagno, Guillermo, gran conquistador que sofre as graves perdidas da súa familia o que fai sentirse moi desgraciado e desprotexido. E o seu sobriño agoniza ao seu lado na batalla abalándoo. 

A historia de Guynemer. É un piloto francés da Primeira Guerra Mundial que voou tan alto que xa non regresou. 

8. O protagonista le o cómic “La Bande des Pieds Nickelés”. Cal é seu tema? 

A historia trata de tres pequenos ladróns, saqueadores e bribóns (que nos remite a Marianne). E enfróntase as forzas da orde con pouco éxito. 

9. Ferdinand e Marianne despois de percorrer o país desfanse de toda posesión e van vivir a unha illa como “Os fillos do Capitán Grant”. Di que foi o seu autor e de que trata a novela. 

“Os fillos do Capitán Grant” é unha novela xeográfica do escritor Julio Verne. Un aristócrata descobre durante unha viaxe dentro dunha quenlla unha mensaxe dentro unha botella escrita por Grant que naufragara xunto a tripulación. Entón deciden ir en expedición de rescate seguida das indicacións das mensaxes. Son axudados por Ayrton, un ladrón buscado polas autoridades inglesas ao que deixan nunha illa deserta a cambio da información sobre Grant. A historia remata co rescate. 

 

10. Na illa os protagonistas citan varias veces o “Viaxe ao fin da noite” de Celine. Pescuda na súa vida e di por que foi un escritor molesto na época.

Louise Ferdinad Celine foi unha figura que xerou moita polémica por culpa dos seus panfletos antisemitas. Foi acusado polo colaboracionismo e activismo durante a ocupación nazi en Francia, o que o levou a estar na cárcere.

Na súa obra encóntrase similitudes coa súa vida: facerse o tolo como vía de escape rodeado de personaxes pintorescos e momentos absurdos. 

11. Ferdinad-Pierrot di que baixou da lúa por amor. Isto unido ao raposo que ten na illa relaciónao co “Principiño” de Saint-Exuperie. Explícao aportando datos da novela. 

Esta relacionado co tema de domesticar a alguén con moito carácter de modo que faise único ou indispensable (como Marianne para Ferdinand). O tempo que botou con ela converteuse en especial e irrepetíbel. El consegue ver ben co seu corazón, sendo o esencial o invisible aos ollos como di Saint-Exuperie. Tamén pode ter relación coa baixada do Principiño do asteroide B612. 

 

12. Ferdinand escribe un diario como o protagonista da novela de 1962 na que esta baseado o guión da película. De que obra se trata? Xénero? Autor? 

Trátase da obra “Obsession” por Godard do autor Lionel White. O xénero é crime novelístico. 

Na novela os protagonistas van a Las Vegas. Como se alude ese feito na película? Alúdese cun rotulo brillante de neon. 

Na novela a protagonista ten un can: que leva na película Marianne? Que indica iso do seu carácter? Marianne leva sempre un pequeno peluche con forma de can ao que non solta nunca e non para de darlle voltas. Indica que é unha rapaza infantil, soñadora e que non ten os pes na terra. 

13. Uns americanos len Gerald Norton e Scotch. De que xénero se trata? 

Cómic anglosaxón. 

14. Despois da canción sobre a liña da sorte das mans, Ferdinand-Pierrot fala entre unhas canas da súa duplicidade e afirma que estamos feitos de sonos e os sonos están feitos de nós. En que obra de William Shakespeare aparece unha frase coma esa? 

“A tempestade” publicada en 1611. 

15. Marianne abandona a Ferdinand e a película vira cara o cinema de gánsteres, o chamado “cinema negro”. Cando o protagonista escapa di que non quere ver sangue e alude un poema de Lorca dicindo: “que terribles 5 de la tarde”. Explica o tema do poema despois de lelo.  

É un dos poemas mais coñecidos de Federico García Lorca, el era seguidor da tauromaquia porque dicía que era ir ver a morte rodeada da mas deslumbradora beleza a que se fai continua alusión no poema. 

16. Ferdinand refúxiase nun cine onde, para non escoitar as noticias da guerra do Vietnam, le un libro de Elie Fauré. De que trata? 

Unha obra que trataba sobre a Historia da Arte. 

 

 

17. No desguace, o graffiti en lugar de: viva o papa! que aparece tachado, di: viva Deus! Cal crees que será a opinión de Godard sobre o tema? 

Godard era un protestante francés criado como tal pero non practicantes aínda que amosou o seu interés polo catolicismo. 

18. É raro vivir. Busca información sobre o autor desta frase mencionada na película: Óscar Wilde.

Óscar Wilde (1854 – 1900) foi un escritor, poeta e dramaturgo de orixe irlandés. Foi unha eminencia no mundo das letras e a día de hoxe é recordado por obras como “O retrato de Dorian Gray” e “A importancia de chamarse Ernesto”. Amante do mundo clásico, do esteticismo e fiel católico pasou a historia como unha persoa espelida e de gran enxeño e a súa morte prematura tras saír da cárcere. 

19. Ferdinand entra na organización criminal. Investiga a vida e a obra dos seguintes escritores e explica porque son identificados na película coa palabra que leva cada un ao lado: 

Conrad – porto. Aos 17 anos, farto de estudar subiu ao veleiro “Mont Blanc”. Os barcos e o mar converteríanse nunha das súas grandes amores. 

Stevenson – veleiro. Stevenson escribiulle a súa amiga Fanny para que alquilasen un veleiro polo seu amor as aventuras. 

 

 

Faulkner – bordel. É identificado pola súa obra “Santuario” onde nos bordeles fanse cosas atroces, extravagantes e ilegais. 

Jack London – millonario. A pesar de ter unha vida humilde, foi afortunado na carreira literaria e tivo gran éxito co diñeiro. 

Chandler – golpes. O seu pai era un alcohólico e maltrataba a Raymond. 

20. Na escena da boleira está enriba da mesa a novela negra “Cala Casandra” de Edward S. Aarons. Quen era Casandra na mitoloxía grega e por que cres que se menciona aquí? 

Casandra era a filla dos reis de Troia e tiña o don da profecía (pode saber o engano do cabalo de Troia), pero era incapaz de evitar as desgrazas convertidas en traxedias que ocorrían porque a tomaban por tola por un castigo que recibiu do deus Apolo. Mencionase porque está avisando o protagonista da súa fin tráxica. 

21. Busca información sobre a historia real de Bonnie and Clyde e relaciónaa coa película. 

Foron dous famosos fuxitivos, ladróns e criminais de Estados Unidos. Atracaban bancos, gasolineiras e ambos estaban moi namorados. Eran caricaturizados como os novos “Romeo e Xulieta” ou como “Robin Hood” o que lles deu o status de lenda. Pierrot e Marianne fan o mesmo que Bonnie and Clyde, sendo perseguidos pola lei e morrendo de forma tráxica. 

22. Pescuda cales son os símbolos da República Francesa e relaciona un deles coa protagonista. Así Godard daría a entender que a relación ten co seu país e de amor-traizón. Explícao: quen traizoa a quen? 

Marianne é a figura alegórica e personificada do símbolo nacionalista da República. Era fogosa cun carácter difícil e guerreira. Sábese que durante a Segunda Guerra Mundial, abandonou Francia para vivir en Suíza. 

23. Godard foi tamén pintor. Di con que cores identifica os personaxes de Pierrot e de Marianne e que idea che suxire a color desta. 

Asociase o vermello con Marianne porque sempre leva algunha prenda desta cor e suxire peligro, acción, pasión. O azul asociase con Pierrot, porque é unha cor profunda que suxire reflexión e vai acorde coa súa personalidade. 

24. Na escena final desfase a dualidade de Ferdinand-Pierrot. Como? Que opina cada un do suicidio como remate desa vida vida violenta que levaron? 

Finalmente a a personalidade de Pierrot namorado de Marianne a quen termina asasinando. Ferdinand consideraba de que debía matarse, pero ela chámalle Pierrot e idiota por chegar tan lonxe con ela. 

25. Pierrot, tiña a cara de azul, cor que se identifica co suicidio en varios momentos da película. Di que cor tiña a cara do Pierrot da “Comedia dell’ art” 

O modelo dos mimos modernos tiña a cara pintada de branco. 

Películas

Jean-Luc Godard
Pierrot le fou Pierrot el loco 1965

Secuencias

Blogue: IES Ricardo Carballo Calero (Ferrol) - 1º de Bachillerato, 2º de Bachillerato (6)