Filtres de cerca actuals
IES O Mosteirón (Sada) - 4t d'ESO
Valoracións despois de ver 'En construcción'
En construcción - Comentaris, reflexions, creacions escrites
Por Alex Lousame
Ao pouco de comezar a vela xa notamos que desprende ideoloxía. É unha crítica constante á desigualdade enfocándoa desde diferente ópticas. Por exemplo vémolo nunha parella na que ela traballa como prostituta por necesidade e el vai ingresar no exército.
Os diálogos entre Abdel e Santiago tamén invitan a reflexionar. Abdel leva toda a carga ideolóxica da peícula, é un obreiro con conciencia de clase: “Baixo neves como esta fixéronse revolucións como a rusa” di nunha ocasión; mentres Santiago é un personaxe totalmente antagónico. Un obreiro alienado.
Por Paula Bouza
En construcción pareceume unha película documental moi interesante polos encadres, a forma de empregar as luces e os sons, etc. Foron os aspectos técnicos, por exemplo os diferentes ángulos e perspectivas nas que se coloca a cámara, o que máis me gustou. Ao mellor alguén estaba falando e a cámara en vez de gravar aquela persoa, enfocaba a igrexa ou a obra . Era moi orixinal.
Por Elena Fraga Anguita
Esta película móstranos diferentes aspectos da vida: a pobreza, os problemas coas drogas, coa prostitución, co consumo de alcohol… Gústanme este tipo de películas que non mostran unha realidade perfecta e que ensinan como moitas persoas teñen que afrontar a vida desde “cero”
Por Irene Luaces
Gustáronme as eleccións dos personaxes que fixo o director, xa que os seus diálogos mostran con moito realismo como é ese barrio e os seus conflitos. Tamén me gusta o tratamento dos planos que se fai na película. Aínda así fíxoseme demasiado longa.
Por Enrique Lastres
A min a película En construcción non me gustou nada, a verdade, é un tipo de película documental que non estamos afeitos a ver e non a entendín.
Por Iago González Rodríguez
A verdade é que a película non me gustou, non me fixei moito nos recursos técnicos e pasei todo o tempo intentando atopar unha historia e a aclaración de por que estaban alí esas persoas. Ata que mo explicaron non o entendín. Aínda así seguirei indo a estas actividades porque me gusta descubrir (aínda que ás veces non me gusten moito as pelis)
Por Nadia Seguín
O documental a min paréceme moi ben feito. Os personaxes e os seus diálogos resultan moi auténticos aínda que ás veces non conten nada. Con todo hai momentos en que se me fixo un pouco pesado.