Filtros de búsqueda actuales
Proxección de 'El verdugo' en Numax
El verdugo - Proyecciones - Diálogos con cineastas y expertos
A semana pasada os alumnos do IES de Cacheiras acudiron a unha proxección da película 'El verdugo', de Luís G. Berlanga, na sala de cinema Numax. Ao terminar a película tiveron un tempo para conversar sobre a capacidade de Berlanga para combinar crítica social e sátira, da relación co esperpento de Valle Inclán, tamén sobre o abigarrado dos interiores e o problema na vivenda. Chamou moito a atención a ambivalencia do personaxe principal, como se ve obrigado polas circunstancias a coller o camiño non desexado e a súa incoherencia cando recibe diñeiro por adiantado por facer de verdugo e logo a súa negativa a desenvolver o traballo. Ademais falouse do uso do plano secuencia do aspecto coreográfico do cinema de Berlanga e da consistencia dos personaxes secundarios apuntando a recomendación de ver outros filmes do autor como 'Plácido' ou 'Bienvenido, Mister Marshall.'