Atzera

IES Rafael Dieste (A Coruña) -

Proxección de 'El verdugo' no Centro Ágora

El verdugo - Irudiak, filmaketak, sormen bisualak

Durante a Semana Cultural do noso instituto, que este ano adicouse ao cine, programouse a proxección da película "El Verdugo", de Luis García Berlanga no Centro Ágora, o martes 30 de abril ás 16.30h da tarde. Organizamos esta proxección en colaboración co CGAI, que proporcionou a película e o Concello de A Coruña, que cedeu o auditorio do Ágora. Asistiron o alumnado do centro de 3º e 4º ESO, e 1º e 2º de Bacharelato, e ampliamos a invitación a familiares e veciños. Distribuimos o cartel en negocios do barrio para animar ao público a asistir á mesma.

Entregamos unha folla de sala con información da película preparada polo alumnado de 1º de bacharelato que están no Programa CinEd). Foron eles quen acomodaron aos asistentes e lles entregaron a folla de sala, así como a breve presentación inicial previa á proxección.

Nesta ligazón podedes ver todas as actividades que organizamos en torno ao cine na Semana Cultural do instituto:
https://arquivosdotrasno.blogspot.com/search/label/O%20CINE

Este é a relación de todas as actividades programadas:
• Departamentos participantes: 16 (Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Educación Física, Francés, Inglés, Grego, Latín, Orientación, Historia e Xeografía, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música e Tecnoloxía).
• Exposición sobre cine e diversidade
• Infografías sobre o cine
• Exposición sobre o cine francés
• Creación dunha banda deseñada baseada no cinema
• Carteis sobre a tecnoloxía do cine, orixe e evolución
• Biografías de persoeiros do cinema inglés
• Recompilación de escenas das películas favoritas do alumnado
• Exposición dos vínculos entre a literatura e o cine
• Exposición de fondos da biblioteca sobre o cine
• Conferencia de Martin Pawley “O cinema do século XXI”
• Conferencia de Jaime Fernández “El cristianismo y el cine”
• Videorreceitas de Escarlatina
• Proxección dos vídeos de animación feitos por alumnos
• Traballos en Google Drive sobre o cine e análise de películas
• Proxección das presentacións dos deuses olímpicos
• Proxección da escea cinematográfica gravada polos alumnos de 1º e Making of
• Proxección de microvídeos de promoción da Lingua Galega
• Recital con música de bandas sonoras
• Presentación Historia do cine e Película “Viaje a la Luna 1902” de Georges Meliés
• Entrevista a Morris Durán (5-6’) feita por alumnos de 2º ESO ITI
• Proxección de curtas con base en textos literarios
• Proxección de películas sobre cine e diversidade na ESO, seguida de actividades de reflexión
• Gymkana matemática
• Visitas guiadas por alumnos ás exposicións, unha delas ás familias
• Proxección de “El verdugo” de Berlanga no auditorio do Ágora aberta a veciños e familiares. Proporcionaron a copia o CGAI e colaborou o concello cedendo a sala. Elaboración do cartel de propoción e a folla de sala.
• Proxección de “El gigante de hierro” e “Mars” con cuestionario científico
• Disfraces de persoeiros de cine.
• Concurso “Vaiche unha de medo?” sobre 30 fotogramas de películas de terror.

Pelikulak

Luis García Berlanga
El verdugo 1963

Sekuentziak

Bloga: IES Rafael Dieste (A Coruña) - (11)