Festivais, salas de cinema, VoD, programacións

Desde ‘Cinema en curso’ propiciamos o acceso dos nenos e mozos aos espazos nos que o cinema de autor ten un lugar privilexiado: festivais, salas, filmotecas, centros culturais, plataformas de VoD…

Organizamos proxeccións de películas de referencia do cinema europeo, e sesións dedicadas ao cinema español contemporáneo implicando nos diálogos posteriores ao visionamento aos cineastas ou outros membros do equipo das películas.

Actualmente colaboramos co D’A - Festival Internacional de Cinema d’Autor de Barcelona, o Festival de Cine Europeo de Sevilla, Filmin, a Filmoteca Española, L’Alternativa. Festival de Cine Independiente de Barcelona, o Cine Truffaut, o Institut français de Barcelone e o ZumZeig Cinema.

En 2015 iniciamos unha nova liña de acción: programacións de cinema para mozos e a cargo de mozos. Rapaces e rapazas de entre 15 e 19 anos elixen as películas, organizan as sesións, preparan as presentacións e diálogos posteriores ao visionamento, encárganse da comunicación do proxecto, etc. Desenvolvemos unha programación estable co Auditori de Sant Martí (Pantalla Alternativa) e programacións específicas co Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) e o D’A - Festival Internacional de Cine de Autor de Barcelona.