Formación de profesorado
A formación do profesorado é un eixo central de ‘Cinema en curso’, xa que permite a transferencia directa dos coñecementos, metodoloxías e recursos xerados no marco do programa.
Estructuramos a formación en tres ámbitos:
- Programas específicos para os mestres e profesores participantes nos obradoiros.
- Xornadas e cursos dirixidos a docentes e educadores non participantes nos obradoiros.
- Formacións e asesoramentos a claustros de escolas e institutos que queren facer do cinema un eixo vertebrador do seu proxecto educativo.
Os programas de formación baséanse en propostas metodolóxicas para o visionamento, análise e comentario das películas, e para o desenvolvemento dos principais procesos da creación cinematográfica: documentación, guión, planificación, rodaxe, montaxe. Compleméntanse con recursos para traballar o cinema de maneira transversal e interdisciplinar.