'El espíritu de la colmena' en A Fonsagrada
O pasado xoves 30 de novembro, os alumnos de 3º de ESO, 4º de ESO e o grupo de Humanidades de 1º de Bacharelato do IES Fontem Albei de A Fonsagrada tiveron a oportunidade de ver por primeira vez a película de Víctor Erice, El espíritu de la colmena. A proxección tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de A Fonsagrada.
Ao terminar puidemos dedicar un tempo para reflexionar e falar sobre o filme. En xeral, a película espertou moita curiosidade polo que non se conta.
As primeiras reaccións foron de desconcerto por ter un final tan aberto, o que propiciou o análise da estructura lírica da película, da información que se omite, e en definitiva, da mirada e o punto de vista de Ana. Tamén de todo o que se conta a través do silencio que evidencia o peso do contexto histórico que intúese por algunhas pinceladas, aínda que a película non ofrece datos concretos.
Comentouse tamén o interese pola secuencia de Teresa na estación de tren, e o cruzamento de miradas cos milicianos. Tamén preguntáronse polo remitente da carta.
Ademais sorprendeu o encontro de Ana co monstruo no río, e a cara inexpresiva dela nese momento, o que deu pé a falar sobre o seu rostro e a súa mirada. Da importancia tanto do que Ana ve como o efecto que exprésase no seu rostro.
Será moi bonito ver as posteriores análises e traballos no blogue!