Proxección de "El verdugo" en A Fonsagrada
O pasado xoves 22 de marzo os alumnos de 3º de ESO, 4º de ESO e o grupo de Humanidades de 1º de Bacharelato do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo) tiveron a oportunidade de ver El verdugo, de Luis García Berlanga. A proxección tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de A Fonsagrada.
Despois do visionamento dedicamos un tempo a falar das primeiras impresións que xurdiron. Chamou a atención o ton cómico e lixeiro do filme en contraste coa penúltima secuencia da gran sala branca onde se vislumbra "a sociedade obrigando a morir ao que vai morrer e obrigando a matar ao que vai matar".
Ademáis chamou moito a atención que non se mostra ningunha imaxe violenta nin explícita a pesar de que a película xire en torno a pena de morte co garrote vil, e que a violencia esté presente igualmente. Falamos dos espazos reducidos nos que se moven os personaxes e as sensacións de opresión que xeneran.
Por outro lado, analizamos ao personaxe principal e da importancia das tomas de decisións e do noso posicionamento na vida.