Proxección de 'Il posto' no CGAI
O pasado 3 de maio, os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Rafael Dieste visionaron no CGAI a terceira e última proposta do programa de CinEd deste curso 2017-2018. Nesta ocasión, descubreron en pantalla grande Il posto, de Ermanno Olmi.
Ao terminar a película tiveron un tempo para reflexionar e destacar a importancia do son, clave durante todo o percorrido do filme. O ruidos metálicos e mecánicos da cidade de Milán, os transportes, as obras e o bullicio en contraste co rural.
Tamén chamaron moito a atención os espazos. Púxose en relación a casa de Domenico coas vivendas de El verdugo. Espazos onde os habitantes viven hacinados, onde a cociña tamén é salón e durmitorio.
Comentouse que Il posto é un "plano secuencia ambientado", no que o protagonita podería ser calquera persoa e que as accións son fluidas e continúas pero reflicte perfectamente a sociedade. Como espectadores, acompañamos a Domenico a conseguir o seu primer traballo, a coñecer a Magalí, acompañámolos a descubrir a cidade... Destacouse a beleza da secuencia na que Domenico e Magalí quedan sós esperando o tranvía, non se falan pero sentimos os seus sentimentos a través dos seus xestos e miradas.
Continuaremos reflexionando e compartindo os posteriores traballos a través do blogue.