As películas

A colección CinEd

A colección CinEd distínguese por ser unha programación de calidade que reúne películas de países, épocas, tradicións e estilos diversos. Todas as películas foron seleccionadas pola súa singularidade, a súa potencia expresiva e a súa capacidade para interpelar e emocionar a cada un de forma única e persoal.
 
Actualmente, a colección CinEd inclúe as seguintes películas en versión orixinal, con subtítulos en castelán:
 

 
 
 
En www.cined.eu pódese acceder ao rexistro e á plataforma de visionado das películas.
 

Os materiais pedagóxicos

CinEd promove un achegamento activo, reflexivo e creativo ao cinema e unha selección de películas de grandes cineastas europeos.
Os materiais pedagóxicos responden a un dobre obxectivo: facilitar ás docentes análises, reflexións e información para un maior coñecemento das películas, e propoñer prácticas creativas e eixos de reflexión para traballar co alumnado.
As propostas poñen en xogo contidos de áreas curriculares diversas: lingua e literatura, linguas estranxeiras, música, visual e plástica, historia, etc.
Entre os materiais pedagóxicos inclúese:
- Un documento con pistas xerais para unha aproximación activa e creativa ás películas
- Cadernos pedagóxicos sobre cada unha das películas
- Selecciones de imaxes e fotogramas das películas.