Pequeno Cinema en curso

‘Pequeno Cinema en curso’ inicia aos máis pequenos no descubrimento do cinema desde a educación infantil. Desenvólvese con grupos de 3 a 8 anos, co obxectivo prioritario de sensibilizar aos nenos cara ao cinema, a fotografía e a contorna.

Imparten os obradoiros os mestres con intervencións puntuais de cineastas.

Realízanse visionados de grandes cineastas especialmente seleccionados para suscitar o interese dos nenos e nenas.

As prácticas creativas conxugan a experimentación cinematográfica coa exploración da contorna. Vincúlanse tamén á creación e lectura de textos moi diversos, con especial atención á poesía.

Os obradoiros culminan con exposicións fotográficas e con pezas audiovisuais compostas a partir de fotografías ou planos acompañados por sons, pequenas creacións textuais e poemas.