Proxeccións de 'Il posto' no CGAI
O 4 e 5 de maio, alumnos de secundaria e bacharelato visitan o CGAI para descubrir en pantalla grande a película Il posto, do director italiano Ermanno Olmi.
No diálogo posterior á proxección fálase dalgunhas das cuestións esenciais da película: do feito de facerse maior, do paso á vida adulta, do contraste entre o campo e a cidade, dos sons, ruídos e luces, do traballo co rostro e o uso do primeiro plano, do carácter reservado e tímido de Domenico, da secuencia final...
Participan na sesión alumnos do IES de Catabois (Ferrol), IES O Mosteirón (Sada), IES Rafael Dieste (A Coruña) e IES Ricardo Carballo Calero (Ferrol).
Películas
Ermanno Olmi