Voltar

CGAI (A Coruña) -

Proxeccións de 'Pierrot le fou' no CGAI

Pierrot le fou - Proxeccións

Onte foi a última das proxeccións de Pierrot le fou, a película escollida coa que comezamos no CGAI a nosa participación en CinEd. Alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de BAC do IES de Catabois, IES Rafaél López Dieste, IES Francisco Aguiar e o IES Ricardo Carballo Calero acudiron á nosa sala onde tras a película todos coincidiron en sinalar que atopaban difícil “describir con palabras” Pierrot le fou.
Para uns, era unha historia de amor entre dúas persoas que se aman e deciden fuxir xuntas. Outros vían na película peripecias de gangsters, un musical ou unha crítica política e social. Comentarios como “en realidade, reúne todos os temas nun”, “vira moitas cousas curiosas antes, pero todas xuntas non” deron paso a reflexións sobre o son “o son non sempre responde ao que vemos en pantalla”, o uso da voz en off, a paleta de cores da película, as citas, ou o traballo de montaxe da película.

Despedímonos ata marzo, onde nos veremos nunha nova proxección e mentres tanto quedamos en atoparnos no blogue de CinEd para compartir todas as reflexións e traballos que vaian xurdindo ao redor da película.

Películas

Jean-Luc Godard
Pierrot le fou Pierrot el loco 1965

Secuencias

Blogue: CGAI (A Coruña) - (17)